- Esta afirmación está avalada polo infome do interventor que se presentou na Comisión de Contas e no que se indica que “se sobrepasaron as previsións orzamentarias en determinadas áreas ou materias neste momento do ano, o que debería merecer unha reflexión máis profunda por parte dos xestores antes de propoñelas”
- A popular explicaba como “este ano xa nos sorprenderon cun pago de 1.5M€ dunha factura a Urbaser que non tiñan orzamentada e, hoxe, nos atopamos cunha débeda do cánon de control de vertidos da Confederación Hidrográfica Miño Sil do ano 2021 (375.253,33€) e descubrimos que ainda teñen sen pagar 360.575 € do ano 2020. A esas contías haberá que sumar outro tanto correspondente aos exercicios de 2022 e 2023
- Outro feito que demostra que son moi malos xestores é que presentan outras dúas facturas que non tiñan previstas e que aboarán a costa do crédito que contraeron “unha de 116.000€ para pagar 116.000 € á empresa que constrúeu o carril bici que nos custou 1.2M€ cuxa acta de recepción foi o 26 de xullo do ano 2022 , e outra de 144.000 € para o paso soterrado do barrio da Ponte”
- Estamos falando de diñeiro que, por exemplo, podería destinarse a investimentos para reforzar instalacións deportivas, mantemento de pistas, ou melloras no saneamento, entre outras cuestión
- A popular tamén recriminou a falta de sensibilidade co tecido asociativo de Lugo xa que estamos en novembro e o goberno local vese obrigado a sacar un suplemento de crédito para pagar parte do importe comprometido para as subvencións nominativas de cultura (120.000 €), deportes (260.000€) e servizos sociais (277.500 €).
VALLA DO AUDITORIO
- Tras reiterar hoxe a petición de que se elimine a valla perimetral do auditorio de Magoi, o PSOE e BNG volven a contestar de forma ambigüa sen dar un prazo da súa retirada e condicionando esta actuación á inauguración do edificio
- Recoñecen que se pode facer pero siguen privando á veciñanza non só do disfrute do interior desta dotación cultural senón tamén do exterior
VIOGEN
- Indignación no Partido Popular porque por enésima vez o PSOE e o BNG non dan prazo para adherirse a VIOGEN. A excusa de hoxe é que “os policías locais ainda que teñen a formación necesaria, ata que se asine o convenio co Ministerio, non recibirán a formación específica”.
- Con respecto á adhesión do concello de Lugo á Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero se nos responde que “non tiveron tempo todavía a poñerse con eso” engadindo que “o estudiará cos técnicos e que en canto sexa viable o farán”