O BNG de Cullerdo pide actualizar a catalogación catastral e o valor da AP-9 

por Redacción A Coruña

Os terreos da autoestrada teñen clase agraria e uso rústico actualmente no Catastro

O Pleno do Concello de Culleredo debaterá o martes a iniciativa do BNG para reclamar da Dirección Xeral do Catastro a revisión dos datos catastrais da autoestrada AP-9 e o seu valor, para así dispoñer dunha nova base impoñible o 1 de xaneiro de 2025 para aplicar o  Imposto de Bens Inmobles –IBI– e que pague o que que lle corresponde

Actualmente, os terreos da autoestrada que cruzan o concello están catalogados como clase rústica e o seu uso principal consta como agrícola. Obviamente iso dista moito da realidade, polo que o BNG de Culleredo propón que o Concello de Culleredo solicite á Dirección Xeral do Catastro o inicio do procedemento para regularizar esa información.

A AP-9 é, segundo a Dirección Xeral do Catastro, un BICE, é dicir, un Ben Inmoble de Características Especiais que segundo aclarou ese organismo o mes pasado a iniciativa do BNG «ten un código que non é unha referencia catastral, que todo o valor da AP9 se asigna a unha soa referencia catastral que é a dunha parcela ao paso por Santiago e que para repercutir o IBI se aplica un coeficiente que no caso de Culleredo é o 1,54% e que así se obtén a base impoñible para que se repercuta o IBI de Culleredo». Isto é, que a AP-9 ten unha soa referencia catastral e o valor do seu IBI é proporcional entre os municipios polos que atravesa.

Por outra banda, procede unha revisión da información catastral cada vez que o BICE sufra algún cambio sustancial.  Así debería ter sido, por exemplo, despois da ampliación da Ponte de Rande, da construción dos accesos á Cidade da Cultura, da adaptación para circunvalar a cidade de Santiago de Compostela ou da ampliación ata Ferrol. Pero a realidade é que desde o ano 2007 non se actualizou o valor, inexplicablemente, polo que urxe a regularización.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario