Xuventudes Socialistas defenderán un PSOE máis atrevido en vivenda e dereitos laborais

por 21 Noticias

·       A organización moza tamén levará propostas relacionadas co recoñecemento das persoas non binarias, a oposición a proxectos como Altri, a saúde mental, a defensa das linguais cooficiais e a independencia militar de Europa

A organización xuvenil reuniuse este domingo para debater as propostas que defenderán de cara o 40 Congreso Federal do PSOE, no cal contarán con 4 delegados/as. Estas iniciativas serán levadas ao Congreso Extraordinario de JSE e ás asembleas do locais do partido.

Entre as máis de 40 iniciativas presentadas destacan as relacionadas coa vivenda e o mercado laboral, 2 eidos especialmente sensibles para a xente nova, incapaz de emanciparse.

Vivenda.

Dende a organización, que recoñecen o labor do Goberno pola vivenda tras os anuncios de construción de máis de 180 mil VPOs (xunto coa prohibición da venta de chan público), o abono de aluguer ou o regulamento das VUT.

Aínda así esixirán “máis valentía” poñendo fin ás bonificacións fiscais xeralizadas no IRPF e IVE, e castigando a tenencia de pisos baleiros e actividade comercial dos grandes fondos de inversión. Sinalan tamén que o control de prezos debe ser máis directo, ante o evidente boicot das CCAA.

Mercado laboral.

“A reforma laboral do 2022 foi boa, pero insuficiente”, cómpre recuperar os dereitos relacionados cos días a contabilizar nos despidos que recortara Rajoy.

Á súa vez, consideran que “o paro xuvenil segue a ser un problema estrutural, ao que se lle suma un futuro incerto”. Dende a organización moza, sinalan que o atraso da idade de xubilación impide a entrada da xente nova no mercado laboral (a parte de empeorar a calidade de vida da clase traballadora).

Os baixos salarios tamén tiveron o seu espazo de debate. “O problema deste país non son as pensións, son salarios pequenos a costa de dividendos altos”. A mocidade socialista avoga por unha suba considerable do SMI ata case os 2000 euros no 2030, garantir que a inversión de fondos públicos en proxectos innovadores repercuta positivamente no entorno, e a remuneración das prácticas laborais.

Outras medidas

Os mozos socialistas tamén defenden unha Europa “máis unida e máis independente en materia militar”, condenando o xenocidio en Gaza e o perigo que supoñen Israel e Rusia.

Relacionado con Europa, ante a mobilización social causada por Altri, as XSG consideran que o PSOE non pode tolerar que os Fondos Next generation acaben en proxectos limitantes do desenvolvemento sostible.

Entre as iniciativas tamén destacaba a defensa e visualización do colectivo non binario, tras a aprobación da Lei Trans, á cal se lle engade a preocupación pola saúde mental.

A defensa e impulso do galego tamén tivo presenza, xunto co SFA.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario