O segundo ciclo do GDR e Guido Guía comezou con 133 asistentes en Friol

O pasado sábado 26 de outubro iniciouse con gran éxito en Friol a segunda edición do ciclo de xornadas viaxeiras «Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía».

Despois de percorrer no primeiro ciclo dez dos concellos deste xeodestino -cun promedio de 127 participantes por actividade- foi de novo a terra do pan e do queixo a que abriu esta segunda xeira de eventos culturais.

133 persoas de Canadá, Arxentina, Colombia, Marrocos, Portugal, Cataluña, Euskadi, Madrid, Asturias, Vigo, Nigrán, Arcade, Ponteareas, Compostela, Muxía, A Coruña, Foz, Ribadeo, Lugo, Friol e moitas outras procedencias achegáronse para descubrir o patrimonio friolés. Un paseo dende a Praza Andón Cebreiro ata a Fortaleza de San Paio de Narla, con visita guiada a esta última.

Tralo paseo guiado por Guido os visitantes puideron gozar dos petiscos gratuítos ofrecidos pola food truck «Galicia sabe amar» da Xunta de Galicia, de diversos menús de produtos locais deseñados polos restaurantes da zona, e dunha visita á queixería Pacita pola tarde.

Rematado o día, GDR e Guido Guía citan de novo a todos para a segunda xornada deste segundo ciclo que será o 9 de novembro en Guntín. Inscricións en info@comarcadelugo.gal ou no teléfono 982238000.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios