O BNG denuncia as mentiras que o PP e a Consellaría de Sanidade contou á veciñanza de Doiras (Cervantes) ao estar este martes sen atención médica

por 21 Noticias

O Bloque Nacionalista Galego a través da súa deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil, denuncia unha vez máis as mentiras do PP e da Consellaría de Sanidade pois volveron deixar ao consultorio de

 Doiras sen médico sen previo aviso.

A veciñanza de Doiras deixou de manifesto o seu descontento polas mentiras do PP en multiples ocasións, e unha vez mais ve como lle toman o pelo, «solicitouselle á conselleira a reposición a tempo completo da praza de médico e fixo o que lle

 pareceu» explica a deputada. É o segundo día que se atopan sen médico no consultorio e sen aviso anterior para poder organizarse, «que desprazarse nos Ancares non é o mesmo que nunha cidade, teñen 20 km a través de estradas de montaña»

expón Olalla. As persoas maiores precisan organización para desprazarse xa que «ou ven teñen que contar con familiares ou con outros veciños e chegan ao centro de saúde e teñen que dar volta esto é moi pouco serio por parte da Consellaría de

 Sanidade» denuncia Rodil

As veciñas e os veciños de Doiras deixaron claro que van seguir a pelexando para que se manteña este servizo en Doiras porque a sanidade é algo urxente e importante para manter poboación nesta zona da montaña lucense.

Dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza de reapertura deste consultorio xa, tal é como mantivo o PP a principios de xullo pois defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón

 unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas, «seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego

 porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar» concluíu Olalla Rodil

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario