Magosto popular este sábado na Casa do Forno de Celeiro

por Redacción Lugo

O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza este sábado 2 de novembro un magosto popular, aberto á toda veciñanza, no centro sociocultural da Casa do Forno de Celeiro. Haberá reparto de castañas ata fin de existencias a partir das 20:30 horas e estará amenizado polos grupos Amigos do Folk (Viveiro) e Fol do Raxal (Cervo), aos que seguirá unha foliada libre. 

Pola tarde haberá un obradoiro de elaboración de colares de zonchos para o público infantil e un obradoiro de iniciación ao baile tradicional, para o público adulto, da man da bailadora Cris Canosa. O obradoiro de baile vai dirixido tanto a persoas que queiran dar os seus primeiros pasos como a persoas que xa saiban bailar algo e queiran aprender novos puntos. Dende a asociación animan a anotarse aos obradoiros a través das súas redes sociais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario