Falece un home ao saírse o seu coche da estrada en Viana do Bolo

Foi necesario empregar o material de excarceración para liberar á vítima mortal do interior do vehículo.

Sucedeu na estrada OU-533, á altura do punto quilométrico 17, punto que pertence a parroquia de San Cibrao do Concello de Viana do Bolo. Unha persoa solicitou auxilio e medios de excarceración para unha saída de vía. Segundo informaron, o turismo atopábase envorcado e cos ocupantes aínda no interior. Unha muller que viaxaba no vehículo puido saír polos seus medios, pero o outro ocupante, un varón, estaba atrapado.

De xeito inmediato, dende o 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de A Gudiña, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras confirmar que o home, que estaba atrapado no interior, estaba xa falecido, os equipos de emerxencias procederon coas tarefas de excarceración para retirar o corpo e agardar polo levantamento do cadáver seguindo o protocolo.
Trátase dun home, veciño de Verín, que faleceu no acto, a tan só 500 metros do casco urbano de Viana do Bolo.

Fotos: GES A Gudiña

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios