A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este mediodía á Feira de Santos, que se celebra na localidade lucense de Monterroso.
Nesta cita, Gómez estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; e polo alcalde da localidade, Eloy Pérez; e salientou a importancia deste tipo de mercados na promoción e comercialización das producións agroalimentarias galegas. Destacou, así mesmo, a ampla tradición desta feira, unha das máis antigas de Galicia, e a gran afluencia de público que acada ano tras ano.
a