A cuarta xornada da Tercera FEB trae un interesante encontro ao Carregal
Tras a contundente derrota do sábado pasado en Salamanca (97-62) o Ineltrón Santo Domingo Betanzos prosigue a súa competición na Tercera FEB Grupo AB con gana de mellorar no xogo e intentar equilibrar o seu balanzo vitorias-derrotas (1-2 polo momento). O rival, con todo, é un dos equipos chamados a ocupar a zona medio-alta da táboa, o Obradoiro Ames, un filial que, acaso pola dificultade dos primeiros compases do seu calendario, comparece no Carregal (futuro pavillón municipal José María Valeiro Iglesias “Tocayo”) cun enganoso 0-3 que o leva a ocupar a antepenúltima posición do grupo.
O equipo, liderado en anotación polo arxentino Bocca con 14,3 pp, conta con solventes xogadores novos coma Alonso Grela, Pablo Harguindey, Iker Sama ou o neerlandés Julius Pinas , unha promesa do seu país de 2,13 de estatura que de seguro vai ocasionar problemas aos interiores betanceiros. Así ve o partido Antonio Díaz, Doc, o adestrador local: Tivemos unha semana complicada polas baixas, non podendo adestrar todo o bien que quixearamos. Eles son un rival difícil, con xogadores en dinámica de 1º equipo, acostumados a un alto ritmo. Destacar que é unha xeración acostumada a ir a Campionatos de España en categorías base e con moito talento. Intentaremos tirar de oficio e buscar que non xoguen cómodos. É importante recompoñérmonos tras a derrota en Salamanca e intentar amarrar as vitorias en casa, pero, sobre todo, buscar mellorar as sensacións respecto ao último partido”.
Xornada reducida por Todos os Santos
Por outro lado, e debido á ponte escolar de Todos os Santos, a fin de semana do 2-3 de novembro deixa sen competición os equipos infantís e alevíns do club, ofrecendo un triplo enfrontamento contra Esclavas en categoría júnior (masculino e feminino) e para as cadetes do Decornaveira, mentres que os Grelo masculino se miden ao Xiria en Carballo.
No que respecta aos equipos sénior, o Segunda Autonómica xoga na casa contra o Fontiñas de Santiago e La Goleta, o equipo de Terceira, xoga na Coruña contra a Asociación Deportiva Parque Europa.
O sénior feminino de Grelo descansa.