A Xunta colabora coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo nunha nova edición dos premios ‘Son muller’

por Redacción Lugo

A Xunta de Galicia colabora un ano máis coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (Aelu) na convocatoria dos premios “Son muller”, que recoñecen proxectos emprendedores e empresariais liderados por mulleres na provincia. A entidade presentou hoxe a iniciativa nun acto no que participou a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López.

As bases establecen tres categorías: ao mellor proxecto emprendedor -que leve como máximo 42 meses en marcha-, á mellor empresa, e ao mellor proxecto empresarial situado no rural. As persoas interesadas en 
inscribirse teñen de prazo desde hoxe ata o 28 de novembro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario