Socio nº8529 do Real Clube Deportivo da Coruña
O pasado luns trala derrota do Deportivo ante o Racing de Santander, o consello de administración do Deportivo decidía tralo mal resultado e a posición na táboa que levaba ao conxunto coruñés ao pozo da clasificación, prescindir dos servizos do técnico vasco, Imanol Idiakez, para min un erro botalo xa que o equipo xogaba ben ao fútbol, o único que fallaba era a puntería e certos xogadores que non estaban a dar o rendemento que tiñan que dar.
Sempre digo que cando nun equipo hai cambio de adestrador, falla o proxecto deportivo, neste clube encabezados polos señores Soriano e Benassi, máximos responsables por tanto.
O pasado sábado, o conxunto herculino aos mandos do adestrador interino, Óscar Gilsanz, lograba unha cómoda vitoria perante o Cartaxena, ben é certo que o rival non amosou moita oposición excepto naqueles minutos no que os locais marcaron o gol e xerou algo de dúbidas na zaga coruñesa.
No partido puiden comprobar que Gilsanz segue na liña de Idiakez en principio, din que o partido ante o Éibar disipará as dúbidas para ver se continúa a prestar os servizos no primeiro equipo ou volve de novo ao Fabril. Na miña opinión, o clube debería darlle a oportunidade e deixarse de buscar adestradores para facer experimentos no clube xa que o seu currículo di que non teñen experiencia, e xente con experiencia nos banquillos fai falla neste mesmo momento.
Eu daríalle a oportunidade ao betanceiro, xa que el coñece a moitos dos xogadores porque os tivo nas súas filas no xuvenil (Barcia, Mella, Yeremay..) ou outros nas filas do Racing Vilalbés, como é o caso de Diego Villares.
Pídolle ao clube que se quere remendar este atolladeiro no que se meteu coa destitución de Imanol, actúe con cabeciña e aposte por un adestrador que coñece a casa e non faga experimentos con outra xente, xa que como di un dito moi vello, os experimentos con gaseosa.
FORZA DÉPOR