O PP, cos veciños e veciñas para esixir ao presidente Tomé a apertura da residencia comarcal de Becerreá

por Redacción Lugo

O portavoz, José Fernández Carrete, e concelleiros do PP arrouparon aos membros da Plataforma Pro Residencia na súa reivindicación en Santiago de Compostela coincidindo coa comparecencia de Tomé sobre os orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro ano no Parlamento de Galicia.

O PP de Becerreá arroupou hoxe no Parlamento de Galicia aos veciños e veciñas que conforman a Plataforma Pro Residencia de Becerreá para esixirlle ao presidente da Deputación de Lugo a apertura do centro comarcal de atención a maiores que leva preto de 3 anos rematado e aínda pechado sen ofrecer servizo aos veciños e veciñas da comarca e sen xerar postos de traballo.

O portavoz, José Fernández Carrete, e concelleiros do Grupo Municipal Popular desprazáronse a Santiago de Compostela para apoiar a “xusta reivindicación dos veciños e veciñas” coincidindo coa comparecencia do presidente do goberno provincial, José Tomé, no Parlamento de Galicia sobre os orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro ano 2025.

“O Partido Popular sempre apoiou a residencia de Becerreá e está e estará cos veciños e veciñas ata conseguir que o goberno provincial poña en marcha esta infraestrutura cumprindo co acordado”, inciden.

O portavoz popular lembra que “está a rematar o 2024 e continuamos coa residencia pechada”. Por iso, Carrete esixe ao goberno provincial de PSOE e BNG “partidas orzamentarias concretas” para garantir o equipamento que falta -como acociña, por exemplo- e tamén “realizar todos os trámites que sexan necesarios para que a súa apertura sexa unha realidade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario