Oficial|| Manuel Pablo sube al Fabril hasta final de temporada

por Jorge García

Manuel Pablo García Díaz (Arucas, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) relevará a Óscar Gilsanz como adestrador do Fabril esta temporada.

O exjugador deportivista, lenda do Club nos terreos de xogo, pasa deste xeito a levar as rendas do filial após exercer labores de segundo adestrador nunha etapa anterior.Manuel Pablo foi adestrador do Xuvenil A de División de Honra desde a temporada 2021-22 e esa mesma campaña tivo a oportunidade de dirixir ao equipo deportivista na súa histórica participación na Youth League.

A temporada pasada (2023-24), o xuvenil blanquizul foi cuartofinalista de Copa del Rey e campión da División de Honra.Juan Villamisar será o seu segundo adestrador, como ata a data no Xuvenil A.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario