Candia: “Pedimos por segunda vez que se rectifique e propoñemos alternativas para evitar un incremento dos impostos municipais e para protexer á economía lucense dos derroches de PSOE e BNG”

por 21 Noticias

Os populares, que se opoñen á suba de impostos, que o PSOE e o BNG queren levar a cabo anunciaron, esta mañá, as súas alegacións ás ordenanzas fiscais para 2025

  • As alegacións teñen dous obxetivos “o primeiro é corrixir inxustizas eliminando a plusvalía, e bonificando  o IBI para os terreos rústicos da zona rural que agora pasarán a pagar como urbano”
  • O segunto obxectivo: “que o esforzo que lles piden aos lucenses para equilibrar impostos e gastos o asuma o propio goberno cun plan de contención de gastos”
  • O Partido Popular rexistrou hoxe dúas alegacións ás ordenanzas fiscais: a primeira de carácter xeral, fundamentada no informe do interventor que recomenda adoptar medidas apuntando a un plan de contención de gastos innecesarios, para evitar asfixiar ainda máis  a economía das familias, empresarios e autónomos lucenses que sufren as consecuencias das súas accións de goberno (proxectos que supoñen unha hipoteca para a veciñanza, sen reparación de fugas de augas; problemas no mantemento dos colexións; escola municipal pechada …)
  • Na segunda alegación o PP propón suprimir a plusvalía e bonificacións do IBI para os terreos rústicos da zona rural que agora pasarán a pagar como urbano “presentamos unha proposta de bonificación de ata o 90% para as persoas afectadas polo cambio de consideración de terreos rústicos en áreas de expansión que agora deberán pagar como superficie urbana, ainda que sen gozar dos dereitos desa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo”.
  • É necesario corrixir esta situación. Hai que lembrar que socialistas e nacionalistas aprobaron, no pleno de setembro, coa oposición do PP o incremento do IBI para preto de 15,5 millóns de metros cadrados de fincas na zona rural de Lugo.
  • Tampouco podemos apoiar que se suba a plusvalía (ata un 20%) polo que solicitamos a exención deste imposto inxusto e gravoso que prexudica aos pequenos aforradores e propietarios.
  • Con estas propostas dámos voz a todos os cidadáns que se opoñen a que aumente para o vindeiro 2025 esta carga impositiva matizando “que resulta inxusto que teña que ser a veciñanza a que pague polos  derroches do goberno local

Campaña informativa

  • O Grupo Municipal do PP impulsou nas últimas semanas unha campaña informativa co obxectivo de que a veciñanza coñeza a realidade do que lle van a subir os impostos no concello de Lugo e explicarlles que “cunha mellor xestión, por parte do goberno local, non sería necesario aumentalos”
  • Unha vez que no pleno do 26 de setembro o PSOE e o BNG aprobaron, co VOTO EN CONTRA DO PP, subir o recibo da auga, do IBI e da plusvalía lanzamos unha campaña informativa en prensa, radiofónica e medios dixitais coa finalidade de asegurarnos que a cidadanía estea ben informada e para que poidan expresar a súa opinión sobre esta soba de impostos; tamén facilitamos na web do grupo municipal formularios para que presentasen alegacións.
  • Elena Candia concluía que “o noso obxectivo é que cada veciño e veciña coñeza a realidade do que lle van a subir os recibos e explicarlles que cunha mellor xestión non sería necesario aumentalos”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario