David Taboada (piano) e Sergio Alba (voz), levaron o seu espectáculo «Colección Romántica» ao Salón Teatro do auditorio de Lalín o pasado 8 de novembro, onde o público desfrutou dun repertorio, que recolle e reinterpreta temas de diversas lalitudes.
Un recital que pretende facer unha viaxe sensorial a través dun sinxelo formato musical, onde a palabra e a melodía, son protagonistas.
Unha coidada posta en escena, completa esta proposta, que tan boa acollida está a ter entre o público, e que neste 2024 percorreu varios escenarios da xeografía galega.