Esta opción tamén está activa para as persoas con patoloxías crónicaa e en situación de inmunosupresión, os traballadores de servizos esenciais e os convivientes de persoas de alto risco
A Xunta vén de habilitar a opción de autocita para vacinarse da gripe e da covid en grandes recintos a aquelas persoas con patoloxías crónicas e en situación de inmunosupresión, ás mulleres embarazadas, aos traballadores dos servizos esenciais, persoal de centros sanitarios e sociosanitarios que estean pendentes de vacinar e aos convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.
Deste xeito, desde a xornada deste xoves as persoas que pertenzan a estes grupos de poboación e con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos, poderán solicitar a súa cita a través da web do Sergas (É-saúde) ou da Aplicación Sergas Móbil.
Nestes grupos inclúense as persoas que padecen diabetes, obesidade, enfermidades cardiovasculares, enfermidade renal e hepática; profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil etc.; embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres durante o puerperio (até 6 meses do postparto); e os convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, tamén continúa a citar as persoas do grupo etario entre 60-69 anos, que comezarán a ser convocados a partir do día 21. Neste caso, as citas realízanse de maior a menor idade.
Até o de agora, un total de 419.205 galegos e galegas xa se vacinaron da gripe na actual campaña de inmunización.
No seguinte cadro, recóllense os horarios e lugares de vacinación habilitados pola Xunta de Galicia:
LUGAR | PUNTO DE VACINACIÓN | APERTURA | |
DÍAS | HORARIO | ||
A Coruña | Expocoruña- IFECO | De luns a sábado | 9-14 h e 15-20 h |
Cee | Hospital Virxe Xunqueira de Cee | De luns a venres | 15,30-21 h |
Sábados | 9-14h e 15-20h | ||
Ferrol | FIMO | De luns a sábado | 9- 14 h e 15,30-21 h |
Santiago | Cidade da Cultura | De luns a sábado | 9-14 h e 15,30- 21 h |
Ribeira | Hospital do Barbanza | De luns a venres | 15,30- 21 h |
Sábados | De 9 -14,30h | ||
Lugo | Hospital Lucus Augusti | De luns a sábado | 8,30-14h e 15,30-19,30 h |
Monforte | Anexo IES Río Cabe | De luns a sábado | 8,30-14 h e 15,30-19,30 h |
Burela | Hospital Público da Mariña | De luns a sábado | 8,30-14 h e 15,30-19,30 h |
Ourense | Recinto feiral Expourense | De luns a sábado9-14,30h e 15,30-21h | |
Os días 15, 16, 22 e 23 de novembro vacinarase no CHUO | |||
Verín | Hospital de Verín | De luns a sábado | 9-14,30 h |
O Barco | Hospital de Valdeorras | De luns a sábado | 9-14,30 h |
Pontevedra | Edificio Xunta Campolongo | De luns a sábado | 8,45-14 h e 15,30-20,45 h |
Vilagarcía | Hospital do Salnés | De luns a sábado | 9-13,30 h e 15,30-20 h |
Vigo | Recinto feiral IFEVI | De luns a sábado | 8,30-14h e 15,30-21 h |