Estoupido dunha bomba de palenque contra un edificio na Praza de Galicia do Concello de Arzúa

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa participaron esta madrugada, , nunha intervención polo estoupido dunha bomba de palenque contra un edificio situado na Praza de Galicia, no Concello de Arzúa.

Ao chegar ao lugar os bombeiros comprobaron que o incidente producirase ao lanzar unha bomba de palenque desde a rúa impactou contra o segundo andar do edificio onde se atopa o Bar Plaza, provocando a caída de cascallos e cristais á rúa. 

A vivenda, unha notaría, estaba desocupada neses momentos polo que non houbo que lamentar danos persoais e só se produciron danos materiais. Unha vez dentro do inmoble os bombeiros comprobaron que a caixa da ventá está desprazada e fóra do sitio, ademais de danos varios provocados pola onda expansiva, sen chegar a producirse incendio.

Procedeuse á retirada de marcos e caixa de persiana, baixando esta e amarrándoa para cubrir o oco roto polo artefacto explosivo, quedando sinalizado con cinta de balizar. Tamén se limparon os cristais da rúa e da notaría. Completaron o operativo, Protección Civil de Arzúa e a Garda Civil.

Fotos. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios