A Concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza, Cristina López, e o Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, asistiron á última actividade de “Dándolle unha volta a Don Juan” no Cemiterio Municipal de San Froilán.
Desta vez, volveu ser a quenda de Palimoquiños, Malala e Cía, que representaron o clásico de Don Juan
ante o alumnado dos institutos Nosa Sra. dos Ollos Grandes e o Sanxillao da cidade de Lugo.