Despois do éxito da primeira edición no mes de outubro, este domingo 24 de novembro USK Lugo e Guido Guía (e coa presenza asegurada do grupo de Urban Sketchers de Vigo, que virán de visita) lanzan un novo paseo guiado aberto -e gratuíto- a todas as persoas que queiran debuxar ou observar como os outros debuxan.
A iniciativa USK (debuxantes urbanos) é unha comunidade mundial que acaba de asentarse hai catro meses na capital bimilenaria, e lanzan esta segunda actividade xunto ao guía de turismo Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) para expandir a súa iniciativa e descubrir se hai na cidade máis persoas interesadas en integrarse á súa comunidade creativa.
A convocatoria require inscrición no correo guidoguiaturismo@gmail.com e a cita será este domingo 24 de novembro ás 11h30 na praza Pío XII