«Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar», afirmou Rubén Arroxo.
O Tentente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron un
encontro con veciñas e veciños da contorna da estación do tren. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.
O Tenente Alcalde e mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade. Arroxo afirmou que o goberno
atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. «Traballamos para seguir mellorando a cidade», afirmou Arroxo, que engadiu «desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo».
A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida por Rubén Arroxo, é a encargada de servizos importantes para toda a veciñanza, encargándose de cuestións como o calmado do tráfico, «unha das principais reclamacións das veciñas e veciños de Lugo», explicou. Arroxo destacou que «nos últimos anos avanzamos enormemente nesta cuestión, mais seguimos traballando para continuar a aumentar a seguridade viaria nas zonas urbanas e periurbanas».