O LP debut do artista muradá conta con 9 temas que percorren diversos estilos como a bachata máis urbana ou o trap e funk máis brasileiro.
Nove Noves xa está dispoñible nas principais plataformas. 9Louro vén de publicar o seu primeiro LP. Un traballo que xorde do paraíso natural de Montelouro e camiña con ilusión cara as prazas máis urbanas. Trap, funk Brasileiro e ata unha bachata cun son único e descarado.
Letras íntimas nas que o amor e o desamor conviven sen complexos, se amosan como auténticas e viaxan polas emocións das experiencias máis persoais e as influencias musicais do seu entorno.
O disco foi producido, gravado e mesturado por Yuly e o propio 9Louro nos meses de xuño e xullo en Louro na propia habitación do artista. Para triunfar, o inicio non podería ter sido de outro xeito.
O 16 de outubro de 2024, 9Louro publicaba o primeiro sinxelo deste LP “Dios Me Libre”. Unha homenaxe á autenticidade e ás raíces máis persoais e familiares do artista. Os protagonistas do videocplip gravado no seu Louro natal baixo a dirección de Antón Vidal, foron os seus avós maternos. Un tema cunha profunda carga emocional con dúas persoas clave na súa crianza e no acompañamento de Martín Louro, nome real de 9Louro, nos seus primeiros pasos profesionais. O verso central “Dios me libre de convertirme de alguén que non son”, reflicte a consciencia sobre este mundo na que a presión externa limita a creación artística.
Continuaba o muradán coa publicación do segundo sinxelo “Os Meus Males” ( 6 de novembro de 2024) e o seu videoclip igualmente dirixo por Antón Vidal. Nesta ocasión, a rampla de Joday en Louro presenciaba a historia de amor dunha parella fugada do bar Xeixo, icono da xuventude local de Montelouro. A beleza única da paisaxe, convive coa faceta máis vulnerable e feble do artista en forma de bachata de desamor. A búsqueda por parte de 9Louro dun espazo de empatía entorno as partes máis sufridas do amor e o sufrimento.
Colaboracións:
O LP conta con varias colaboracións especiais, todas elas cun vínculo persoal co artista:
●DkPrichos, artista local de reggaeton que xa antes colaborara con 9Louro nos temas soltos publicados polo artista. Participa no terceiro tema titulado “Se Pega”.
●Lil Chachi, o irmán do artista, aparece en “Eu Teño Medo” un tema de grande peso emocional para os dous xa que foi interpretado por persoas anteriores a 9Louro na familia.
●Willow GHZ, un referente na escena urbana galega, acompaña no sétimo tema “Amarroume en Amaro”, tras coñecérense nun concerto e tomar a decisión de facer algo xuntos.
●No último tema, “Aprender a Vivir”, participan XianPais e FabioVZ, membros do grupo K291, grupo do que o artista forma parte. Esta colaboración é especialmente emotiva, resultando ao fin o tema máis persoal de todo o disco.
A industria da música en Galicia está traballando en definir o Talento Emerxente. A resposta chega de forma directa no tracklist de “ Nove Noves ”
- Dios Me Libre
- Ese woo!
- Se Pega ( Ft DkPrichos )
- Eu Teño Medo ( Ft Lil Chachi )
- Apresio – Interludio
- Os Meus Males
- Amarroume en Amaro ( Ft Willow GHZ ) 8. Miedo a las alturas
- Aprender a Vivir ( Ft XianPais, FabioVZ )
Autoría: 9Louro
Produción, gravación e mesturado: Yuly e 9Louro na habitación de Martín (Louro) en xuño e xullo 2024.