A Praza Maior de Lugo acolleu este venres un punto informativo habilitado pola Xunta de Galicia para sensibilizar á cidadanía entorno á violencia de xénero e informar sobre as distintas formas nas que se manifesta.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou esta tarde o stand e lembrou que se trata dunha das accións que o Goberno galego leva a cabo con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.