Leiva actuará o próximo 12 de xullo na Coruña

por Redacción A Coruña

Leiva actuará na cidade no verán do 2025 dentro da súa xira Gigante. O artista madrileño é o primeiro nome confirmado para a nova edición do ciclo de concertos Coruña Sounds, que promove o Goberno de Inés Rey e busca dinamizar a axenda cultural e musical do período estival coruñés.

Leiva, que vén de presentar ‘Bajo presión’, o segundo adianto do seu novo álbum ‘Gigante’, actuará o próximo 12 de xullo no peirao de Batería. As entradas sairán á venda o vindeiro mércores 27 de novembro a partir das 12.00 horas a través dos puntos de venda habituais e na páxina web www.leivaentradas.com.

«Desde o Goberno de Inés Rey trataremos, un ano máis, de manter á Coruña como a capital musical do noroeste grazas á nosa colaboración con grandes ciclos de concertos como é o caso de Coruña Sounds, que aposta por artistas de grande éxito e renome como Leiva», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Tras a grande acollida de ‘Gigante’, o primeiro adianto do álbum homónimo, Leiva presenta agora ‘Bajo presión’ e seguirá desvelando cancións durante os próximos meses. No seu concerto interpretará estas e os seus grandes éxitos, froito da súa etapa en Pereza e dos seus seis traballos a nivel individual.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario