O PP solicita unha reunión coa Valedora do Pobo para que medie ante os reiterados casos de falta de transparencia no Concello de Lugo

por 21 Noticias

Mar Carballas: «Máis do 50% das solicitudes de documentación que pedimos non se atenderon no prazo de cinco días ao que lles obriga a normativa e, incluso nalgún caso ata se tiveron que reiterar en catro ocasións».

  • O Grupo Municipal Popular anunciou hoxe que pedirá unha reunión coa Valedora do Pobo para abordar a preocupante falta de transparencia no Concello de Lugo.
  • Mar Carballas afirmou  que “un goberno responsable debe render contas, facilitar o diálogo e actuar con rigor. Lugo merece unha xestión seria e transparente «
  • A popular  reflexionaba sobre as trabas que ten o Partido Popular á hora de acceder a expedientes e explicou “as reiteracións continuas de peticións de documentación; os incumprimentos na publicación de contratos menores ou a negativa a compartir información de asuntos moi importantes para o desenvolvemento da cidade”
  • Este é o patrón que sigue o PSOE e o BNG indicando que este bigoberno “parece que estar máis pendentes de saber o que facemos e de impedirnos acceder á documentación que de facer o seu traballo”.
  • Das 96 solicitudes de petición de información rexistradas dende setembro ata a actualidade, 50 delas non se atenderon en prazo o que supón que nunha porcentaxe de 52,08% non se facilita a documentación nos 5 días de prazo que teñen por normativa (ROMP – REgulamento órganico municipal 

Incumprimentos na publicación de contratos menores

  • Desde o mes de marzo, o goberno local non publica os contratos menores no portal municipal, incumprindo a obrigación de facelo trimestralmente segundo a normativa vixente. Esta opacidade dificulta o control público e incrementa as sospeitas sobre o uso abusivo destes contratos para xestións que deberían resolverse mediante outros procedementos máis transparentes.

Dificultades para analizar documentos:.

  • Contas do San Froilán 2023: Solicitadas ata cinco veces sen éxito, situación que levou ao grupo popular a abandonar a Comisión de Festas e pedir o amparo da Valedora
  • Estudo das Zonas de Baixa Emisións: Encargado en 2022 por valor de 47.795 €, este informe segue sen facerse público. «É imprescindible coñecer este documento para evitar improvisacións e avanzar en solucións consensuadas para a mobilidade no recinto amurallado», explicaron.
  • Ordenanza definitiva de terrazas: O goberno local non compartiu o borrador final deste documento coa oposición, dificultando o debate necesario para chegar a acordos.

Acordo co Ministerio de Defensa polos terreos na contorna do campo de fútbol das Gándaras: Recentemente, negouse o acceso ao acordo co subdelegado de defensa anunciado polo concelleiro no pleno, remitindo á oposición directamente ao Ministerio, nun claro exemplo de falta de colaboración

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario