O PSOE de Arteixo esixe a Carlos Calvelo transparencia sobre as condicións dos traballadores da recollida de lixo

por Jose Petalos Caranza

Os traballadores denuncian que o Concello non cumpre co que establece o convenio colectivo do persoal laboral a respecto do descanso semanal e a rotación equitativa nos cuadrantes, e alertan que o persoal do servizo está a traballar cun camión que non cumpre a normativa.

O grupo municipal socialista de Arteixo reclama información ao goberno local sobre os problemas existentes no servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos que leva aos traballadores a denunciar unha situación de risco laboral grave.

Persecución sindical do goberno local aos delegados da CIG

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, explica que este martes o sindicato CIG celebraba unha mobilización fronte á Casa Consistorial para denunciar esa situación de risco laboral grave do persoal do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos pero “tamén facía referencia a persecución sindical que levaban a cabo dende o goberno local aos delegados desa central sindical.”

Seco afirma que no Grupo Municipal Socialista son “descoñecedores da situación que están a vivir os traballadores do servizo e se as condicións de seguridade do persoal son as aceptables para realizar o seu traballo” e que tampouco están ao tanto da “suposta persecución laboral” que o goberno local pode estar levando a cabo contra os delegados sindicais do servizo por defender os seus dereitos.

Carlos Calvelo, sen amolarse, ten que informar no Pleno cales son as condicións laborais dos traballadores

Se é así, é moi grave que desde unha institución pública non se respecten os dereitos laborais e sindicais do persoal” indica Seco, por iso “instamos ao goberno local a informar no pleno aos grupos da oposición cales son as condicións laboráis do personal do servizo municipal de recollida de lixo en Arteixo».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario