“Saudade de Cuba”, a Orquestra Kv2211 rinde homenaxe á música cubana cun concerto dirixido polo compositor e mestre Guido López-Gavilán

Coa colaboración do Concello de Vigo, o sábado 30 de novembro ás 20 horas no Teatro Cine Salesianos de Vigo.

O sábado 30 de novembro ás 20 horas, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 celebra o concerto
“Saudade de Cuba”, cun programa adicado íntegramente á cultura cubana, dirixido polo compositor e mestre cubano invitado, Guido López-Gavilán, autor da mayoría das pezas que se interpretarán. O concerto, coa colaboración do Concello de Vigo, celébrase no Teatro Cine Salesianos de Vigo con entrada libre.

Neste concerto, que conta coa colaboración de profesores e músicos de vento e percusión dos conservatorios de Vigo e Pontevedra, ademáis da Orquestra Xuvenil, participará a Orquestra Infantil e o Coro de País e Naís da Kv2211.

«Este é, sen dúbida, un concerto de gran importancia para min por múltiples motivos», sinala o mestre convidado Guido López-Gavilán. «A nivel persoal, porque é a miña primeira actuación en Galicia, porque
permite mostrar o meu traballo como compositor e tamén porque é unha oportunidade para compartir o meu traballo con excelentes mozos e mozas galegas, pero fundamentalmente é significativo porque neste concerto imos interpretar un panorama da música do meu país, composto por algunhas das súas máis fermosas cancións de diferentes épocas, que ao escoitar en Vigo se converten en símbolo dos estreitos lazos que unen a Cuba e a Galicia desde tempos moi afastados».

Guido López-Gavilán recoñece que «neste concerto teremos a oportunidade de abrazarnos unha vez máis, nunha aperta e sincera aperta musical», destaca, agradecendo persoalmente ao mestre José Manuel Fernández e á Xunta Directiva da Asociación Kv2211, e a todos aqueles que co seu firme apoio «fixeron posible a realización deste fermoso proxecto».

Pola súa banda, José Manuel Fernández, director da Orquestra Xuvenil Kv2211, destaca a experiencia formativa diferente, difícil e moi interesante que este concerto representa para os mozos e mozas da
Orquestra. “A música cubana é unha mestura, e produto da transculturación da música hispana e a de orixe africano” e salienta o reto que a música cubana supón para os mozos e mozas da Orquestra Xuvenil xa que é moi complicada porque é moi sincopada. “Os mozos e mozas da Kv2211 levan meses preparando este concerto”.

Vindeiras datas

O concerto, que conta coa colaboración do Concello de Vigo, abre a tempada 2024/2025 da Kv2211 que constará de varios concertos no marco do convenio de colaboración que a Orquestra mantén co Concello de Vigo no que ademáis de reforzar a oferta cultural, ten unha importante compoñente formativa. O resto da tempada 2024/2025 da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211 é:

– Concerto de Nadal, o domingo 22 de decembro ás 12 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
– Concerto de Aninovo, o sábado 11 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade.
– Concerto “Música para unha Reconquista”, como xa é tradicional na Basílica de Santa María de Vigo, e coma apertura ás festas da Reconquista de Vigo no mes de marzo.
– Concerto de Verán, o venres 20 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
– Concerto “Música clásica polas parroquias”, no mes de outubro en datas por determinar.

Amancio Fernández, tesoreiro e portavoz da Kv2211, explica que a programación da Orquestra Kv2211 busca potenciar as datas máis relevantes para a cidade, como o Nadal e a Reconquista. “Temos un empeño especial en difundir a música clásica polas parroquias viguesas; uns ciclo de concertos que ten moito éxito nas mesmas e no que se involucran os centros culturais das mesmas”.

O mestre convidado

Guido López-Gavilán (Matanzas, Cuba, 3 de xaneiro de 1944) é un músico, compositor e mestre de orquestra cubano, Premio Nacional de Música de Cuba e membro do Colexio de Compositores Latinoamericanos de
Música Artística. Comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Amadeo Roldán da Habana, licenciándose en dirección Coral co mestre Manuel Ochoa en 1966. Estudou Dirección de orquestra co mestre Daniil Tiulin; Orquestración, Contrapunto, Piano e Análise musical cos profesores José Ardévol, Leo Brouwer, Esther Ferrer, Harold Gramatges e Edgardo Martín. Posteriormente obtivo unha bolsa para estudar no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova co profesor Leo Guinsburg, graduándose en dirección de orquestra en 1973. Obtivo o Premio Nacional de Música da República de Cuba en 2016.

Comparte éste artículo
No hay comentarios