O Congreso socialista de Sevilla, unha reunión de «empregados» do PSOE. Por Julio Asorey

por Julio Asorey

O Secretario Xeral dos socialistas galegos, home de Sánchez, José Ramón Gómez Besteiro, sabe que o Congreso socialista de Sevilla foi unha reunión entre «amigotes» que viven de «o público» que arroupan a Sánchez, para seguir «ao seu». En resumo, un Congreso de aplaudidores, a búlgara, onde o presidente de Castilla-La Mancha, Emiliano García-Page evitou a foto aplaudindo a Sánchez.

Espadas non permitiu intervir a militantes de base que querían expoñer as súas diverxencias. Que aparezan os señores Chaves e Griñán é normal en agradecemento polo tema dos ERES andaluces. Así que, en lugar de publicitar a «cacería» do PP para gobernar, estaría mellor que revisen a fondo dentro do seu Partido, porque o asunto pinta moi mal para todos eles, cun futuro incerto.

Lobato non foi ao Congreso de Sevilla, pero a Secretaria que lle enviou o WhatsApp, xa sabe como as gastan (foi destituída do seu cargo en Paradores o mesmo día que Lobato asistiu á súa cita no Tribunal), cousa rara dado que esa señora non ten culpa por pasar ordes doutros ao Sr.Lobato. Non se o que cre Besteiro, que volverán facer, nin cando fixeron algo decente para Galicia. En Galicia xa sabemos que os do PP puideron con eles case sempre; as poucas veces en que gobernaron non foron quen de consolidarse no poder. Nas ultimas elección o Parlamento Galego fixeron o ridículo sen lograr tombar ao rival (PP), por iso van de terceiros e mesmo o BNG superoulles en votos e representación parlamentaria, por tanto, o Congreso Socialista non é un «punto de encontro e renovación» ….é «o outro» que serve para coñecer aos que están empregados dentro do Partido.

O camiño do progreso é ben distinto e mentres todos afánense en tratar de tombar ao rival para ocupar a súa praza facendo o mesmo que o outro, obrigarán ao militante leal a non sentirse representado por ninguén e afastarse do Partido(PSOE) Non hai «familia socialista» hai un líder (Sánchez), que comezou a súa andaina cun «Peugeot» paseando polas sedes socialistas de toda España ao que os militantes creron e agora observan que os acompañantes parecen meter a man en «a carteira» e ao ser imputados xudicialmente búscase afastalos, para disimular. Tombar a Mariano (punto) Rajoy do PP para o que estamos a ver, non mereceu a pena.

O Congreso de Sevilla, en lugar de servir para visualizar o bo facer do socialismo, logrou que se xunten os que viven a conta do partido, como nas necrolóxicas, irmáns, curmáns e demais familia. Está moi ben que o fagan (así se identificará mellor aos pillos que se pegan a Sánchez), o cal é moi bo que o coñezan aqueles militantes enganados aos que lles importa un pito o «socialismo á carta» de Sánchez, para que cando toque votar de novo nas Comunidades Autónomas, locais ou ao Congreso (poden adiantarse) obrar en consecuencia.

A familia socialista en Galicia fracasou porque no «bipartito» non souberon gobernar con acerto.

Besteiro é un político amortizado, cunha mochila en Lugo que pesa politicamente nas súas costas, o Garañón. Volveu a primeira fila porque Sánchez está a pagarlle os favores cando percorreu as sedes socialistas, primeiro como Delegado do Goberno, deputado, logo case ministro e despois líder con calzador, para encarar as eleccións a presidencia da Xunta onde fracasou de maneira obscena. Si é un demócrata, como se fai noutras democracias, o que fracasa vaise, Besteiro segue e non dimitiu.

A debilidade do PSdeG sábeno no PP, que tampouco ou case nada fai por Galicia, Alfonso Rueda está tranquilo porque a oposición non existe. En Galicia, os socialistas carecen dun líder sólido, con bagaxe política e carisma entre os galegos. Os socialistas están máis preocupados da súa cadeira, que por Galicia inmersos en continuas guerras cainitas entre «familias». No BNG as augas baixan revoltas, a UPG quere cambios e debilita o liderado de Ana Pontón, mentres no PPdeG fréganse as mans, a mellor «propaganda» electoral son as guerras internas de PSdeG e BNG.

Os socialistas galegos, que comecen a ser bos e xenerosos, que se unan todas as familias e busquen un líder sólido de consenso, é o único camiño para apartar ao PP dos meles do poder en Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario