Elena Candia afirmou que “É preciso deixar as promesas a un lado e tomar as decisións precisas para acadar a inversión e a rehabilitación do barrio”
- As declaracións no pleno de Ana Abelleira insisten nun descurso negacionista da realidade que contrasta claramente coas distintas postas en escea de rexeneración urbana prioritaria que leva facendo o bipartito dende fai máis dunha década.
- A actitude do equipo de goberno, negando as evidencias unha e outra vez, non solucionan os problemas patentes neste barrio. “O primeiro que hai que facer para darlle solución a un problema e ser consciente de que existe”.
- Sobre a situación de inseguridade que se está a vivir no barrio, queda claro que PSOE e Bloque carecen da empatía necesaria para entender a realidade do día a día dos veciños da Milagrosa.
- Ao longo dos anos foron moitas as promesas realizadas polos que hoxe ocupan o goberno, sete aló menos, que non fructificaron e que levaron a este barrio a ser unha zona degradada, sen servizos municipais e con necesidades de seguridade que levan tempo sen afrontarse con determinación
- O grupo municipal popular reitera a necesidade de contar cunha oficina da policía local no barrio como primeiro paso no obxectivo de dotar de servizos, inversión e seguridade a este senlleiro barrio da nosa cidade.