A paz non se silencia con berros

Na manifestación pola paz en Palestina do pasado sábado, convocada pola plataforma #pararlaguerra nas principais prazas de España, apareceron nas cidades de Galicia pequenos grupos radicais coa intención de boicotear o noso reclamo de paz. Eran poucos, pero gritaban moito; son poucos, pero agresivos; son minoritarios, pero intolerantes; son catro, pero xustifican o terrorismo e promoven o odio; son poucos, pero fanatizados pola súa idea dun pobo que no representan.

En toda sociedade existe a violencia. Na nosa encárnana eles, os hooligans das bandas terroristas que tan ben coñecemos neste país. Nin terrorismo nin xenocidio é o noso lema. E imos seguir dicíndoo, máis alto e máis unidos, porque a paz non se silencia con berros nin pancartas contrarias ao lema e ao espírito da convocatoria, pero si coa indiferenza. O máis grave do pasado sábado non foi o boicot dos ultras, senón que mentres eles berraban en favor da violencia, miles de persoas enchían as rúas comerciais durante o Black Fryday.

Oxalá que na próxima convocatoria Parar a Guerra sexa máis importante que as rebaixas e que por cada un destes violentos haxa cen cidadáns comprometidos pola paz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios