O líder dos socialistas galegos subliña que para Vigo e Galicia é estratéxica esta conexión, que foi hoxe ratificada polo secretario de Estado de Transportes e na que as e os socialistas galegos levan traballando moito tempo “man con man co Goberno de España”.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe que o anuncio do goberno coa conexión de AVE Vigo – Oporto para 2030 constitúe unha “excelente nova para Galicia”. Así o dixo logo do compromiso ratificado hoxe polo secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Samano, que confirmou o adiantado polos socialistas galegos nas últimas semanas.
Besteiro sinalou que este anuncio deriva de semanas de traballo “man a man” co goberno de España “para facer posible este logro” que constitúe unha “oportunidade histórica” para Galicia e que permitirá “dar un paso máis no noso desenvolvemento e no futuro do sector produtivo”. O responsable socialista trasladou os seus parabéns ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que sempre pelexou por esta conexión estratéxica para Galicia. “Esperemos -dixo- que Portugal agora tamén traballe por cumprir os prazos”.
Subliñou que “mentres uns se dedican a enlamar, as e os socialistas galegos non paramos de traballar para mellorar a vida dos novos veciños e veciñas”, e lembrou que nin a Feijóo nin a Rueda lles importou esta infraestrutura cando o PP gobernaba en España, cando nin sequera a contemplaban.
Será agora, cun goberno socialista e grazas ás xestións dos socialistas galegos, que Galicia contará cunha vía que vai mellorar a comunicación entre ámbalas dúas cidades e fortalecerá a economía e a conectividade do país con Portugal e o resto de Europa.