Mantense a alerta laranxa ata o luns no litoral de Galicia

por Redacción Galicia

Xa temos a fronte fría atravesando nestes intres Galicia. Esta noite será de chuvia persistente e xeneralizada e ademais o vento aumentará de madrugada. Mais eses ventos soprarán do sur suavizando a temperatura e elevando a cota de neve.

Ata os 143 Km/h de vento rexistrouse como refacho máximo en Ourense e oleaxe de máis de 15 metros nalgúns puntos da costa galega. O aviso vermello na costa máis cara o norte de Galicia aínda estivo activo ata esta mesma tarde, o mar anda moi bravo con alturas máximas batiron records. A AEMET mantén a alerta laranxa en todo o litoral ata o luns por fenómenos costeiros adversos. Mais tendo en conta que o máus duro da borrasca Louis xa pasou parece que o mal tempo ainda nos vai acompañar toda a fin de semana.

Fotos de Pablo Fariña ( Laxe, hoxe)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario