O alumeado de Nadal en Narón acenderase este xoves dende os xardíns da residencia San José de Piñeiros

por Redacción A Coruña

A concelleira de Festas, Mar Gómez, anunciouque o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o este xoves, día 5 de decembro, ás 19.00 horas nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros. A alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con outrosrepresentantes do Concello e da citada residencia encargaranse de premer o pulsador que acenderá o alumeado navideño da zona urbana e rural. Tralo acto oficial do acendido ofrecerase a todas as persoas que acudan castañas asadase leite.

​O acto estará amenizado polo grupo de Cantareiras do Padroado da Cultura de Narón e tamén acudirán á convocatoria dous elfos cos que se poderán fotografiar as persoas que así o desexen. Os elfos acudirán nunhafurgoneta clásica con alumeado e decoración do Nadal, que estacionará no acceso da residencia San José, tal e como avanzou Gómez.

​O alumeado acenderase fronte a unha árbore natural de máis de 25 metros, un abeto do xardín da residencia San José de Piñeiros, onde se iluminarán tamén outras árbores. A maiores, instalaranse na zona urbana e rural preto de 200 arcos con motivos navideños nos que predominarán corescomo o branco -frío e cálido-, o azul, gris e vermello. 

​Algunhas das farolas estarán adornadas con motivos de Nadal e haberáárbores na rotonda da avenida Santa Icía, na rotonda da estrada de Cedeira-Lagoa; nas inmediacións da AVV Chafarís, no Alto; na praza da Constitución e na Álvaro Paradela.

​A praza da Gándara contará cun paraugas formado por 24 tiras de 12 metros de microled e terá tamén un elemento en 3D coa mensaxe “Bo Nadal” e un elemento visitable no interior en led, de 4×4 metros. E no caso da praza do colexio Ponte de Xuvia instalarase un teito de luz formado por 15 guirnaldas de microled de máis de 50 metros de lonxitude.

O acendido de Nadal estará en funcionamento dende o 5 de decembroata o 9 de xaneiro a partir das 18:00 horas e ata as 00:00, salvo as noites do 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, nas que permanecerá acendido ata o amencer, tal e como figura no contrato.

A concelleira de Festas agradeceu a colaboración do persoal da Residencia San José, para poder celebrar un ano máis este acto nas citadas instalacións. Así mesmo, animou á cidadanía a acudir ao mesmo para desfrutar da xornada na que se iluminará a cidade con diferentes motivos navideños.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario