O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Lugo no acto organizado pola asociación Raiolas e o centro San Vicente de Paúl con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Arias puxo en valor o labor das entidades sociais que traballan neste ámbito e afirmou que a Xunta seguirá colaborando con elas para impulsar novas melloras e crear máis servizos neste eido.
Entre os proxectos máis importantes destacou a futura residencia para persoas con trastornos do espectro autista en Friol na que a Xunta investirá 4 millóns de euros. Tamén salientou avances dos últimos anos como a extensión da rede de atención temperá a nenos e nenas, que na actualidade está presente en 57 concellos lucenses; a consolidación dun sistema educativo inclusivo ou as medidas para fomentar o acceso das persoas con discapacidade ao mundo laboral.