Nicole Grueira: “Mentres a Xunta inviste na mellora de camiños, o alcalde de Pol malgasta o diñeiro nos seus caprichos”

por Redacción Lugo

O PP presentará unha iniciativa para esixir ao goberno municipal no vindeiro pleno “o arranxo das estradas municipais que continúan en moi mal estado”.

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, destaca que  “a Xunta inviste na mellora dos camiños, mentres o alcalde malgasta o diñeiro de todos os veciños nos seus caprichos en vez de atender ao que realmente importa”.

A popular explica que “as pistas da parroquia de Torneiros xa están arranxadas grazas a unha subvención da Xunta de máis de 120.000 euros destinada á mellora de camiños nas zonas de concentración parcelaria”. É dicir, “a Xunta de Galicia inviste en Pol en beneficio dos veciños e veciñas, de mellorar as vías de comunicación que permiten desenvolver con normalidade o seu traballo diario”.


Gueira destaca que “esta é unha proba de que cando se inviste con sentido, o Concello gaña”. E, nese sentido, afirma que “dende o Partido Popular de Pol traballamos con compromiso e apostamos para facer o día a día máis sinxelo e seguro para todos os veciños”.

VÍAS MUNICIPAIS

Á vista de que as estradas municipais continúan en moi mal estado, as concelleiras do PP de Pol presentarán unha iniciativa para instar ao goberno local no vindeiro pleno a “buscar a mellor fórmula que permita levar a cabo súa reparación de forma inmediata”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario