Rueda anuncia unha ampliación da última edición dos Bonos Activa Comercio por valor de 2,5 M€ (Vídeo)

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta vai ampliar a última edición dos Bonos Activa Comercio cunha inversión de 2,5 M€. Esta ampliación publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) mañá xoves 5 de decembro e o Bono reactivarase o luns 9 ás 9 da mañá.

Os establecementos que queiran sumarse aos 7.000 xa adheridos a esta iniciativa poderán realizalo a partir deste venres de xeito telemático, día seguinte ao da súa publicación no DOG. A partir do luns, os cidadáns que descargasen o bono e non o consumisen enteiro poderán facelo e, os que aínda non o tivesen, poderán obtelo.

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, Rueda informou dalgunhas políticas que están sendo levadas a cabo polo Goberno galego en materia sanitaria, industrial, económica ou de vivenda. Nesta liña, anunciou que os fondos iniciais destinados aos Bonos Activa Comercio vanse duplicar ante o gran éxito da última edición.

Segundo afirmou o presidente da Xunta, esta decisión responde á demanda tanto de cidadáns como de establecementos e enmárcase dentro das políticas “para axudar ao comercio”. O obxectivo é “mover a pequena economía, a que necesita dos gobernos

Comparte éste artículo
No hay comentarios