A Xunta destina mais de 96.000 euros á iniciativa ‘Habita Rural’ para fomentar a inclusión social no ámbito rural

por Redacción Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na apertura dunha nova fase do proxecto Habita Rural que leva a cabo a entidade Ecos do Sur e que conta co financiamento da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é fomentar a integración e inclusión social de persoas e familias nas zonas rurais.

Este programa, que se iniciou en 2021 nos concellos de Xermade, Muras e Ourol, esténdese este ano  aos concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado. Habita Rural busca dar resposta aos problemas de familias vulnerables, promovendo a súa integración en zonas rurais e dotándoas de recursos habitacionais ou de emprego.

A Xunta destinou este ano para esta iniciativa máis de 96.000 euros. Así, o director xeral destacou a importancia da coordinación entre administracións, a participación do tecido empresarial e a entidade social promotora.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario