O galego Sergio Troitiño (Mat´s) acadou a medalla de bronce no Grand Slam de Wuxi (China), unha competición do máis alto nivel polos deportistas que participan nel.
No primeiro combate Sergio enfrontouse ao koreano Sangayun Kang e o galego venceu en tres asaltos, loitando coa máxima concentración de principio a fin (7/6, 9/11 e 7/3). Posteriormente deu boa conta do chino Weihao Wang, ao que superou en dous asaltos e con claridade (8/3,12/8) e desta forma acadou o pase a semifinais. No pase á final o rival foi o uzbeco Shukhrat Salaev, pero nesta ocasión Troitiño non puido con el e caeu en dous rounds (13/3, 9/7). Neste torneo hai loita pola medalla de bronce, entre os dous deportistas que perderon a súa semifinal, así que o taekwondista do Mat´s tivo que facer un último esforzo para superar ao chino Hao Tang en tres asaltos ( 15/11, 3/9 e 10/6) e lograr así a ansiada medalla.