As familias afectadas pola falta continuada de atención pediátrica nos concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito solicitamos unha xuntanza co Delegado Territorial da Xunta en Lugo e con Xerente da Área Sanitaria de Lugo, porque cremos necesario expoñerlles a nosa situación para que sexan partícipes de como nos sentimos ante o deterioro constante deste servizo público, e esixirlles que tomen as medidas oportunas para solucionar un problema que afecta a máis de 1200 crianzas dos tres concellos afectados.
“Levamos preto dun mes agardando pola resposta a esta solicitude, esperemos non tarden en darnos unha reposta para recibirnos e así poder expoñerlles a nosa situación” dixo, Lucía Madarro, nai afectada pola falta de pediatra.
Non estamos a pedir nada excepcional; simplemente queremos que se garantan os nosos dereitos, os dereitos das nosas crianzas a ter unha atención pediátrica digna dentro da sanidade pública.
Ningunha crianza sen pediatra!