As visitas finalizan con actuacións de artistas locais como César de Centi (xoves tarde) Candela Liste (sábado tarde) ou Silvia Penide (sábado 21)
O proxecto Ondas Comunitarias de CUAC FM 103.4 da a oportunidade de visitar as súas instalacións, no Campus Universitario da Zapateira, e de realizar un pequeno programa e gozar da actuación dun artista local, todo grazas ao convenio asinado pola asociación cultural CUAC co Concello da Coruña. Hai visitas programadas con diversos colexios e asociacións culturais e veciñais, ademáis das que están abertas a toda a cidadanía interesada.
Son visitas nas que a empresa de Guías turísticos Cascarilleiros ofrecen información sobre a historia e a organización da radio comunitaria da Coruña, na que calquera persoa ou coletivo pode facer un programa. Ademáis, todas as persoas que o desexen vivirán un bautismo radiofónico durante a visita, levando o audio dese miniprograma.
Para finalizar, artistas locais pecharán as diversas xornadas. As xa previstas son o xoves 12 de 18 a 20 horas, coa actuación de César de Centi, o sábado 14 de 18 a 20 horas coa compositora e vocalista Candela Liste e o sábado 21 no mesmo horario con Silvia Penide na súa última actuación de 2024.
Para inscribirse hai que enviar un email a comunicacion@cuacfm.org co asunto: Visita guiada e o día que se elixe. É recomendable indicar máis dun día se é posible para ter máis opcións xa que as prazas son limitadas.