Hugo Guezeta en concerto na sala Sónar de Santiago o sábado 21 de decembro

 xira de presentación do novo disco de Hugo GuezetaO Noso Tempo, está xa en marcha. A última das citas deste ano será o sábado 21 de decembro na sala Sónar de Santiago de Compostela. O concerto arrancará ás 22:30h e contará coa actuación previa da rapeira Temible Olivina. Baixo o nome homónimo do disco, Hugo presentará en directo o seu primeiro álbum, un traballo que leva adiantando durante esta segunda metade de ano e que viu a luz o pasado 22 de novembro. As entradas para este concerto e o resto de datas de presentación en decembro están á venda en Enterticket.es.

PRÓXIMOS CONCERTOS DA XIRA «O NOSO TEMPO»

14/12 · Sala Rebullón · Mos

19/12 · Sala Mardi Gras · A Coruña

21/12 · Sala Sónar · Santiago de Compostela

ENTRADAS

O artista galego chega á sala Sónar tras presentar o seu primeiro disco, O Noso Tempo, que en apenas dúas semanas xa superou as cen mil escoitas. Tras grandes colaboracións con DakidarríaSonDaRúaNadie GonzálezTemible Olivina ou Peter Petrowski, Hugo Guezeta está preparado para dar o salto ao escenario e trasladar a súa música ao directo, propoñendo un directo que se caracterizará pola enerxía e versatilidade do rapeiro.

Sábado, 21 de decembro – SANTIAGO  – Sala Sónar

Apertura de portas: 22:00h.

Prezo: 12€ +gx anticipada / 16€ taquilla

Venda online: https://www.enterticket.es/eventos/hugo-guezeta-sala-sonar-983932

Comparte éste artículo
No hay comentarios