A Xunta licitará en xaneiro as obras de reforma do Centro de Saúde da Milagrosa


O Goberno galego investirá uns 3,1 M€ na reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa, que mellorará a súa accesibilidade e contará cuns 1.600 m2

No caso do centro lucense, a reforma prevé actuar sobre unha superficie duns 1.600 m2, coa dotación de 6 consultas de medicina xeral e outras tantas de enfermería; 2 salas de docencia; 1 despacho de traballo social; 2 salas polivalentes; 1 sala de técnicas; 1 de urxencias; e 1 de toma de mostras. Tamén disporá de área de admisión e zonas para o persoal, mellorando espazos existentes como o de coordinación ou sala de xuntas, e incorporando outros novos, como o de sala de estar e vestiario, e as consultas de docencia e as salas polivalentes. O actual centro de saúde foi construído a finais dos anos 60 como clínica sanatorio e, aínda que a súa estrutura está en bo estado de conservación, faise necesaria a renovación do resto da construción, como son as fachadas e cubertas e tamén procurar a mellora da accesibilidade tanto interior como exterior.
A través destas obras cambiarase a distribución das plantas na súa totalidade, reorganizándose e ampliando consultas e zonas de espera, realizando aseos adaptados e zonas de servizos.
Unha vez realizada esta distribución por plantas, o andar baixo destinarase a accesos, recepción, consultas e salas de acceso próximo á entrada, así como espera e servizos. As plantas primeira e segunda reservaranse para consultas, espera e servizos. A planta baixo cuberta destínase aos locais específicos de médicos e o soto a almacenaxe e espazo de libre disposición.

As zonas de espera contarán con iluminación natural e haberá unha galería como espazo para colchón térmico. As fachadas, partindo de máxima eficacia e economía e baixo mantemento, resolveranse en galería de vidro.
A previsión é formalizar o contrato de obra no verán e que, cun prazo de execución de 18 meses.

Comparte éste artículo
No hay comentarios