Vía Galega e Galiza Cultura anunciaron, a conmemoración do 117 aniversario da estrea do Himno Galego no Gran Teatro da Habana, con actos en todas as cidades do país, que se desenvolverán o vindeiro día 20 de decembro, baixo o título «Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego».
En Lugo é o segundo ano consecutivo que se celebra, para lembrar a estrea solemne do Himno en 1907 na Habana e para coñecer a súa xénese, a súa historia e o seu significado.
Neste 20 de decembro de 2024, o acto será diante da Deputación Provincial e contará coas actuacións das Corais: “Lucus Terra” (Do alumnado do IV Ciclo da USC) e “Cántigas e Frores” ( O coro que gravou por primeira vez o Himno Galego); ámbalas dúas dirixidas por Bruno Villamor Gay.
O acto rematará coa interpretación do himno galego completo, coa súa letra restaurada, de acordo co texto fidedigno, que fora creado, por Eduardo Pondal para o Certame Musical, convocado en 1890 na Coruña e organizado por Pascual Veiga.
Con este acto, ademais da conmemorar o día, queremos que sirva para chamar a atención ao Parlamento Galego e, para que definitivamente restaure oficialmente a letra do Himno; asimesmo agardamos que o Propio Parlamento aborde a edición dunha publicación para distribuílo masivamente, nomeadamente nos centros educativos e en todo tipo de entidades”.