O imaxinario de Eris MacKenzie, un éxito tras o seu estreo

Tras a súa presentación e estrea do seu primeiro EP, Meu Ceu, Eris MacKenzie remata o 2024 con unha proposta sólida e ilusionante

Meu Ceu xa se atopa dispoñible en tódalas plataformas. O venres, 13 de decembro, Eris MacKenzie iniciaba unha nova etapa, froito do traballo de meses e de experiencias vividas ao longo da súa vida.

O resultado, sinxelo, un EP de 6 cancións que supoñen unha viaxe por estilos como a música electrónica, a música tradicional galega e sons máis comerciais, pero sempre mantendo as súas raíces. Uns temas que xa foron reproducidos máis de 16.000 veces.

O artista coruñés acompañado de Paula e Serxio presentou este traballo nunha Sala Mardi Gras (A Coruña) chea, xa que se conseguiu facer sold out sen publicar a taquilla.

Nesta presentación os asistentes desfrutaron dos novos temas xunto con versións como “El universo sobre mí” de Amaral ou “Un Beso Y Una Flor” de Nino Bravo. Ademais, tamén fixo un percorrido por algún dos singles máis coñecidos de Eris como “Dime se me queres” que ten xunto a C Mirazo e Sky J ou “Xa Sei” xunto a PAULIÑA.

A Coruña é de Eris MacKenzie. Eris MacKenzie é A Coruña

Un evento que non pasou desapercibido, xa que o impacto de Eris MacKenzie fíxose un oco entre as axendas culturais e entre os medios de comunicación tanto dixitais como físicos.

Meu Ceu terá xira por salas no 2025

O traballo de Eris MacKenzie poderá desfrutarse en directo. Ata o momento, pódese confirmar dúas datas:

  • 15/02 en Boiro (A Coruña) na sala A Pousada da Galiza Imaxinaria.
  • 15/03 en Mos (Pontevedra) na Sala Rebullón.
Comparte éste artículo
No hay comentarios