Guido Guía despedirá o 2024 cun paseo guiado gratuíto polo Lugo menos coñecido

O vindeiro domingo 29 de decembro o guía turístico lucense Guido Álvarez Parga organiza en Lugo un paseo guiado gratuíto para despedir o ano e reunir antes do Aninovo a gran parte da súa comunidade de paseantes e viaxeiros de toda Galicia.

Comezará ás 16h00 no Parque Rosalía, terá unha duración de 3 horas, e desenvolverase baixo a temática do Lugo menos coñecido, o máis famoso dos seus proxectos, co que leva 6 anos ensinando lugares pouco frecuentes nos itinerarios turísticos clásicos tanto en Lugo como no resto de Galicia.

Polo momento preto dun centenar de persoas están inscritas e agárdase que rolde xustamente esa cifra de 100 participantes. Para inscribirse é preciso escribir un correo electrónico a guidoguiaturismo@gmail.com

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios