A Deputación de Ourense felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera a cantiga tradicional “O Gaiteiriño da Edrada”

Titulado «Ourense, tempo de soños», este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza tradicional a lenda dun pequeno gaiteiro de Vilariño de Conso que foi a Belén a tocar para o neno Xesús

A Deputación de Ourense felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera a cantiga tradicional «O Gaiteiriño da Edrada». A felicitación articúlase nun traballo audiovisual, titulado «Ourense, tempo de soños» que narra o soño de Daniela, que revive a través dos acordes desta peza musical tradicional a lenda dun pequeno gaiteiro de Vilariño de Conso que foi a Belén a tocar para o neno Xesús.

No vídeo introduce a historia o presidente provincial, Luis Menor, quen explica que «Ourense é terra de soños e tamén de grandes homes e mulleres que fixeron realidade as súas ilusións». Cada día, engade o presidente, na Deputación de Ourense «traballamos para que máis homes e mulleres poidan cumprir os seus soños. Cada día, facendo provincia.»

O Gaiteiriño da Edrada é unha lenda sobre a viaxe dun gaiteiro a Terra Santa cando naceu o Neno Deus. A obra, baseada nun vello romance  da Edrada (Vilariño de Conso) foi recollida e arranxada por Xosé Lois Foxo, formando parte da Égloga Operística «Pastora da Serra Sola».

Comparte éste artículo
No hay comentarios