O PP de Lugo fai un chamamento a comprar neste Nadal no comercio local e pedirá no pleno que se impulse un plan de Dinamización

·          Elena Candia explica que o Grupo Popular presentará unha iniciativa para que as políticas públicas dende o concello coiden o pequeno comercio en toda a cidade. A popular avanzou que o PP solicitará «a posta en marcha dun Plan de apoio así como reactivar a Mesa de Comercio Local como canle de cooperación coa administración».

·          A popular tamén afondou nas dificultades derivadas das obras de peonalización e os problemas de accesibilidade ao centro, que tamén afecta ao comercio de proximidade desta zona e, por extensión, á praza de abastos queremos saber en que punto está a tramitación da subvención de case 9.000 € que o goberno local solicitou para  conseguir o selo de Mercado de Excelencia

·          Esta axuda da Xunta publicouse na orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 9 de xullo de 2024 e o  seu obxectivo era o de impulsar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia mellorando a competitividade e a experiencia de compra, especialmente en momentos de dificultades para o comercio local

·          O día 27 de setembro se notificaba ao Concello de Lugo a concesión desta achega por un importe de 8.780 €;  o 6 de novembro a área de Participación do BNG contrata un estudio por un importe de 10.000 € para optar ao selo de Mercado Excelente, unha xestión que anuncian aos medios de comunicación o 9 de novembro pero dende aquela nada se sabe.

·          Dende o Partido Popular consideramos imprescindibles para o dinamismo e a economía da cidade tanto aos placeros como ao resto de emprendedores do comercio de proximidade por ese motivo facemos un chamamento a que a veciñanza merque no comercio local este Nadal.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios