O ciclo Elas Son Artistas supera as 125 actuacións e eventos nas sete edicións celebradas 

Foron máis de 15 actividades as que se puideron gozar nos sete concellos que participaron finalmente no proxecto

Elas Son Artistas é un proxecto xa consolidado na área metropolitana da Coruña. Nas sete edicións celebradas pasaron polo ciclo máis de 125 actuacións, incluindo tamén obradoiros e exposicións, sempre coa muller creadora como gran protagonista.

Os concellos de A Coruña, Arteixo, Betanzos, Carral, Culleredo, Okeiros e Sada acolleron a artistas de diversas nacionalidades e disciplinas artísticas. A dirección artística do proxecto defende un modelo no que se dan oportunidades a propostas moi diversas e nas que se combinan artistas cunha traxectoria consolidada como pode ser Maika Makovski ou a andaluza La Mare con outras que están comezando a súa carreira, entre as que podemos citar a Leria ou a arxentina Guada. O talento de Carmen Conde puídose comprobar na dirección e interprentación da obra de teatro Boa sorte, mala fama. Houbo humor con Isabel Risco e a súa Nabiza Girl ou as Reinas Malas coa recentemente nominada aos Premios Goya, Lucía Veiga entre elas. 

A exposición da debuxante e pintora María Maquieira encheu a Casa Museo María Pita no mes de agosto. O rock americano chegou a Mardi Gras da man da artista afincada en Nashville Hannah Aldridge, que aporta tamén a canción do vídeo resumo desta sétima edición que xa está dispoñible en redes e que aporta imaxes emocionantes como as de todo o instituto de Carral gozando do concerto de Leria coa presentación da regueifeira Lupe Blando que impartiu alí un obradoiro da súa especialidade.

En definitiva, unha mostra do inmenso talento feminino que nunca para de brotar.  Cabe destacar que  Elas Son Artistas conta co patrocinio de empresas como Gadis, Citanias e Alma Atlántica, ademáis de entidades como a Asociación de Artistas e Executantes ou a República Musical Mardi Gras, todas implicadas no desenvolvemento da cultura como un ben fundamental na nosa sociedade.

Las Antonias pecharon o ciclo e tamén a súa carreira musical na Sala Mardi Gras o día exacto do XXV aniversario da sala cun cheo total.

O vídeo resumo

Os tres minutos que dura o vídeo resumo ofrecen unha boa mostra de todo o sucedido nesta sétima edición. Está dispoñible na canle de Youtube e nas redes sociais de Elas Son Artistas. É obra de Pablo S. Goluboff, quen sustituiu a Lara Capeáns, artista que realizaba os vídeos nas primeiras edicións ata que se mudou a vivir ao sur de Galicia. O espíritu dos vídeos segue a ser o de recoñecer o talento e agradecer ao público que se achega aos espectáculos a súa implicación e respeto polas artistas.

Festa de presentación

A oitava edición xa ten data de presentación: o xoves 13 de marzo chegará outra artista de Estados Unidos a Mardi Gras. Claire Vandiver ofrece unha combinación de temas cunha vertente de pop acústico combinada coa súa parte máis rockeira. De pai e nai músicos, e con 30 anos recén cumplidos, chegará a Mardi Gras para dar inicio a un novo ciclo que voltará a empapar de talento feminino á área metropolitana da Coruña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios