O grupo municipal da Marea xa ten proposta para o POS que se ten que someter a votación no vindeiro mes de xaneiro. Será a construcción dun centro de día no concello de Noia.
A Marea indica que parte da finacianción será mediante o Plan de Obras e Servizos e outra a cargo da subvención da Xunta de Galicia que xa se solicitou hai anos.
A Marea indica que se podería destinar entorno aos 180.000€ dos 700.000 que a Deputación destina para Noia.
Seijas indicou que » con esta proposta queda en evidencia que o centro de día non está en marcha porque o goberno que había en maioría non tiña ningún ingerese en materializar esta proposta».
A proposta vai encamiñada na necesidades de dotar a Noia de Servizos elementais de conciliación.
Seijas destacou que buscará o apoio do PSOE, BNG e Grupo Mixto para que esta proposta se materialice e non descarta modificacións de crédito para que esta proposta sexa unha realidade a finais do ano 2026.