A empresa Correos vai deixar sen servizo postal a gran parte dos veciños da Coruña, durante toda o que queda de campaña de Nadal, posto que a folga se estende desde o día 23 ata o día 3 de xaneiro polo momento: barrios como As Roseiras, o Ventorrillo, Agra do Orzán, Labañou, Paseo das Pontes, As Conchiñas ou Bens.
Os traballadores da UR 3 da Coruña levarán a cabo unha concentración de protesta e denuncia da devandita situación o día 27 de decembro ás 11.00 horas nos arredores da Praza das Conchiñas, para dar a coñecer á cidadanía o que está a acontecer e dar visibilidade ao problema.