Elite Gonzaba. Por @DulceCorcu

Centro habitual de reunión arredor das súas exquisitas viandas para moita da elite futboleira galega, o Asador Gonzaba en Santiago de Compostela, sempre baixo a selecta atención do seu responsable Fredi, xuntaba hoxe nun particular xantar a algúns dos nomes que dan brillo ao fútbol patrio, na terra ou lonxe dela, coma é o caso do xove Diego Alende, canteirán celtista agora enrolado no Andorra, pero tamén no seu día no Valladolid e no Lugo. 

Un club lucense no que Manu Barreiro tamén deixaba pegada con varias tempadas defendendo as franxas roxibrancas, despois dunha dilatada traxectoria percorrendo o territorio estatal e sendo agora unha das caras visibles do Compostela. A súa diestra, un militante eterno do noso fútbol, porque José Luis Cea pode apoiar a man e descansar -como cantan os Siniestro Total que fixo Dios sobre Galicia- e debaixo seguro que están Ordes, Boiro, Lalín, Fisterra, Negreira….Calquera dos múltiples clubs onde o seu muro defensivo era a tumba de tantos atacantes incapaces de franquealo. Aínda segue cobrándose vítimas no Dubra, por se alguén dubidaba. Arriba, Juan Cabrejo do que non queda nada por dicir, mago de Corea por aclamación popular e pegamento que sempre une. Apóstolo da amizade, fiel e leal cos seus coma un cabaleiro medieval que non precisa armadura, abóndalle co corazón ao aire. Elite Gonzaba sobre o céspede….Pero sobre todo, ante unha mesa na que cabe o amor e o desexo de que o fútbol galego siga sendo protagonista e tan especial coma todos eles neste vindeiro 2025. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios